12D: xornada de venda especial de Nadal. Programa
Comentarios desactivados en 12D: xornada de venda especial de Nadal. Programa 259Mañá será o gran día. A Asociación de Comerciantes pechará a rúa de San Pedro e os establecementos desta rúa e de Concheiros agardan por vós.
Haberá espazo para xogar e pasear, comercios adornados coas súas mellores galas e un bo día de sol. Todo, a partir das 12h.
Tamén un completo programa de animación:
- 12h-14h: Obradoiros e actividades infantis na Praza de San Pedro
- 13.30-14.30h: roteiro de panxoliñas
- 16-20h: obradoiros e actividades infantís na Pza de San Pedro
- 16-18h: Concerto de THE GOOD WAY, no Cruceiro de San Pedro
- 18-19h: Concerto do trío ILOUBE, na Cruz de San Pedro
- 20.30-23.30: DJ JUANMAX, nos Concheiros.
E aínda haberá o Mercado da Estrela na Pza 8 de Marzo, a recollida de alimentos da Operación Quilo do CX Don Bosco, instalación da árbore de Nadal das Aghulhas..
Un programa ben completo para que todos e todas, neste día e ao longo do Nadal, disfrutemos facendo barrio.
Síguenos