Patrimonio

GalegoEspañolEnglish
Pazo de Belvís

A antiga casa dos Varela Sarmiento e antes dos Durán Figueroa é un bo exemplo dos pazos semiurbanos que noutro tempo inzaban a periferia da cidade. Aquí viviu en 1730 a Venerable María Antonia de Xesús (A Monxiña do Penedo), mística e escritora; cada día, ela e as súas compañeiras oían misa na ermida e practicaban na casa a vida relixiosa que a cidade lles negou ata que anos despois conseguiron fundar o convento das Carmelitas Descalzas no Carme de Arriba.


Capela de Santo Antonio

Foi construída co legado que deixou D. Melchor Sarmiento e Soutomaior, chantre de Santiago, para que se celebrase unha misa cada sábado e domingo. Daquela era un edificio sinxelo con muros laterais de cachote e caleado e fachada de perpiaño á vista.

Inicialmente ocupaba a esquina entre as rúas de Belvís e do Campo de San Antonio, a poucos metros da súa situación actual, sendo trasladada en 1939, conservando boa parte da antiga estrutura; só se perdeu o pórtico da entrada. A sinxela feitura orixinal alterouse ao trazárense en formigón formas típicas do barroco compostelán.

No exterior, o escudo, cos trece roeis dos Sarmiento, lembra o seu fundador; mentres, no interior gárdanse as imaxes antigas de San Antonio, a Virxe da O e o arcanxo Gabriel.

A capela acolleu tamén unha confraría na honra do santo e da Virxe da O e o seu campo foi escenario dunha multitudinaria romaría, xa que Santo Antoniño de Belvís, con fama de milagreiro, foi obxecto de gran devoción.


Convento de Santa María de Belvís

Convento de clausura situado no alto do Parque de Belvís, nunha atalaia natural sobre a cidade vella. Foi fundado en 1303 e habitado por primeira vez en 1314, aínda que a súa remodelación a cabalo entre os séculos XVII e XVIII deixou nel unha forte pegada barroca.

Destaca no conxunto a igrexa, obra de Fernando de Casas y Novoa (autor tamén da fachada da Catedral de Santiago) por encarga do bispo Antonio de Monroy, chegado de México. Tamén é ben interesante a capela da Virxe do Portal, unha pequena talla do século XIII que conta cunha curiosa lenda. Conta que no século XVII a portería do Convento comezou a irradiar unha luz moi intensa, o que chamou a atención dos veciños, que se reuniron en torno ao edificio. As monxas decidiron levar a pequena imaxe ao interior da igrexa. Porén, á mañá seguinte a talla volvía estar na portería. As relixiosas insistiron varias veces no traslado, pero a Virxe aparecía sempre no portal de Belvís ás poucas horas, co que se decidiu converter a portería en capela. Ao seu carón, celebrouse durante séculos unha romaría (a do ramo cativo) con gran sona para quitar o meigallo.


Seminario Menor

Pese ao seu aspecto antigo, trátase dun edificio dos anos cincuenta do século XX; é un exemplo moi significativo de arquitectura rexionalista, co emprego do granito e as formas como xeito de poñer en valor e modernizar a arquitectura tradicional do pais. Hoxe funciona como albergue de peregrinos. Foi inaugurado por Franco en 1958, e a súa figura, no máis alto do parque de Belvís, pode apreciarse desde moitas partes da cidade.


Centro Sociocultural da Trisca

Unha das poucas obras que chegou a materializar o arquitecto John Hejduk, importante teórico. Trátase dun edificio do ano 2001 que aproveita, coa súa forma de proa de barco, un pequeno solar triangular fronte ao popular parque da Trisca. Paga a pena visitar o relevo “A voda española”, na planta baixa, que transmite movemento e ledicia; e a terraza, que ofrece vistas inéditas da cidade.


Capela da Nosa Señora da Angustia

O conxunto do Campo da Angustia (Capela, fonte, adro e cruceiro) é un lugar de moito encanto. A capela é un edificio elegante, que veu substituír a outra medieval que serviu para santificar o terreo no que se enterraban os condenados a morte e outros desgraciados que non podían descansar en terra sagrada. Aquí ten a súa sede a Confraría da Nosa Señora da Quinta Angustia, a máis antiga da Semana Santa compostelá e profundamente arraigada neste barrio.


San Domingos de Bonaval

Fundado en 1220, aparentemente polo mesmo San Domingos de Guzmán despois de peregrinar dúas veces a Compostela nos séculos XII-XIII. O edificio actual é do XVII, con actuacións barrocas de Domingo de Andrade, autor da impresionante escaleira helicoidal do interior do edificio.

Do convento orixinal quedan a igrexa gótica, do século XIV, parte do claustro e a antiga entrada, hoxe coñecida como Pórtico de Bonaval testemuña muda do milagre do Home Santo de Bonaval. Esta porta dá acceso ao pequeno e romántico cemiterio da confraría do Rosario (visible desde o Parque).

Da reforma posterior destaca a fachada principal de Andrade, con dúas grandes pilastras adornadas por feixes de froitas, a imaxe de San Domingos e o escudo da Casa de Altamira, protectora do mosteiro.

O convento pasou a mans municipais no século XIX, converténdose en hospicio. En 1977 converteuse en sede do Museo do Pobo Galego. Alberga (no interior da igrexa) o Panteón de Galegos Ilustres, onde descansan os restos de figuras sobranceiras da cultura e a política galegas como Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas ou Ramón Cabanillas. Xunto a eles, unha interesante colección de sepulturas medievais que se atopan entre ás máis senlleiras de Galicia.


Igrexa de San Pedro de Fóra

Denominada así porque en tempos se situaba fóra das murallas da cidade, é unha edificación neoclásica do século XIX que deu forma de capela ao que noutro tempo foi cabeceira da igrexa abacial. Este mosteiro, que proporcionou nome á rúa e ao barrio, contaba con instalacións para acoller peregrinos; na praza aínda poden albiscarse sobre o pavimento os piares da nave da igrexa orixinal.


Centro Galego de Arte Contemporánea

O arquitecto portugués Álvaro Siza proxectou contra 1988 este edificio, que alberga exposicións de arte avanzada e unha colección de obras de orixe galega. Foi edificado en terreos do Convento de San Domingos, empregando a pedra que o emparenta con veciños coma o propio mosteiro de Bonaval, pero cun estilo contemporáneo moderno e sinxelo. Desde a súa terraza pódese ver unha panorámica pouco coñecida da cidade.


Curtidorías de Belvís

A valgada de Belvís, atravesada por un pequeño regato, é un espazo de vocación agraria e industrial histórica. Na parte máis próxima á Porta do Camiño, a partir da Fonte do Matadoiro (antes chamada das Tripeiras) as ribeiras do río acollían instalacións de curtido e tratamento de coiro. Eran píos -seguramente de pedra- que preparaban as peles para os artesáns doutros ramos (zapateiros, albardeiros, etc.) ou para a súa exportación tanto a outros lugares de Galicia como ao estranxeiro.
Estes píos e cubas estaban na entrada mesma da cidade e, xunto cos desperdicios do matadoiro próximo, ofrecían á veciñanza e visitantes unha visión pouco recomendable, malos cheiros e contaminación das augas que regarían as hortas sitas máis abaixo.

Tras diversos intentos, foi a partir do século XVI cando comezaron a trasladarse a outras zonas e pouco a pouco foron desaparecendo. A paisaxe de hortas que dominaba a metade oriental da valgada estendeuse ao conxunto da zona.

No século XVIII os modos de produción destes negocios comezaron a mudar e as características das instalacións mudaron. En Compostela, o primeiro emprendemento moderno abriu tamén na valgada de Belvís, preto da actual Rúa das Trompas; alí aínda se conserva o edificio, hoxe rehabilitado para uso cultural.

Máis recente e de maior tamaño é a Curtidoría de San Nicolás, tamén chamada de Huidobro polo nome do seu propietario. É un complexo que conserva as distintas estancias de tratamento dos coiros e que acolle hoxe en día o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.

 

Pazo de Belvís

La antigua casa de los Varela Sarmiento y anteriormente de los Durán Figueroa es un buen ejemplo de los pazos semiurbanos que en otros tiempos abundaban en la periferia de la ciudad. Aquí vivió en 1730 la Venerable María Antonia de Jesús (A Monxiña do Penedo), mística y escritora; cada día ella y sus compañeras oían misa en la ermita y practicaban en casa la vida religiosa que la ciudad les negó hasta que años después consiguieron fundar el convento de las Carmelitas Descalzas en el Carmen de Arriba.


Capilla de San Antonio

Se construyó con el legado que dejó D. Melchor Sarmiento y Soutomaior, chantre de Santiago, para que se celebrase una misa cada sábado y domingo. Entonces era un edificio sencillo con muros laterales de piedra pequeña y encalado y fachada de perpiaño a la vista.

Inicialmente ocupaba la esquina entre las calles de Belvís y del Campo de San Antonio, a pocos metros de su situación actual, habiendo sido trasladada en 1939, conservando buena parte de su antigua estructura; sólo se perdió el pórtico de la entrada. Las sencillas formas originales se alteraron al trazarse en hormigón formas típicas del barroco compostelano.

En el exterior, el escudo con los trece círculos de los Sarmiento, recuerda al fundador; mientras que en el interior se guardan las imágenes antiguas de San Antonio, la Virgen y el Arcángel Gabriel.

La capilla acogió también una cofradía en honor al santo y a la Virgen, y su campo fue escenario de una multitudinaria romería, ya que San Antonio de Belvís, con fama de milagrero, era objeto de gran devoción.


Convento de Santa María de Belvís

Convento de clausura situado en el alto del Parque de Belvís, en una atalaya natural sobre la ciudad vieja. Fue fundado en 1303 y habitado por primera vez en 1314 aunque su remodelación, hecha a caballo entre los siglos XVII y XVIII, dejó fuertes huellas barrocas.

En el conjunto destaca la iglesia, obra de Fernando de Casas y Novoa (autor también de la fachada de la Catedral de Santiago) por encargo del obispo Antonio de Monrroy, llegado de México. También es muy interesante la capilla de la Virgen del Portal, una pequeña talla del siglo XIII que cuenta con una curiosa leyenda. Cuenta que en el siglo XVII la portería del Convento comenzó a irradiar una luz muy intensa, que llamó la atención de los vecinos, que se reunieron alrededor del edificio. Las monjas decidieron llevar la pequeña imagen al interior de la iglesia. Pero la mañana siguiente la talla volvía a estar en la portería. Las religiosas insistieron varias veces en el traslado, pero la Virgen aparecía siempre en el portal de Belvís a las pocas horas, por lo que se decidió convertir la portería en capilla. Allí se celebró durante siglos una romería (la del ramo pequeño) con gran fama para quitar el meigallo (embrujo).


Seminario Menor

Pese a su aspecto antiguo se trata de un edificio de los años cincuenta del siglo XX. Es un ejemplo muy significativo de la arquitectura regionalista, con la utilización del granito y las formas como manera de resaltar y modernizar la arquitectura tradicional del país. Hoy funciona como albergue de peregrinos. Fue inaugurado por Franco en 1958. Su figura, en lo más alto del parque de Belvís, se puede apreciar desde muchas partes de la ciudad.


Centro Sociocultural de A Trisca

Una de las pocas obras que llegó a materializar el arquitecto John Hejduk, importante teórico. Se trata de un edificio del año 2001 que aprovecha, con su forma de proa de barco, un pequeño solar triangular frente al popular parque de A Trisca. Vale la pena visitar el relieve “La boda española”, en la planta baja, que transmite movimiento y alegría; y la terraza, que ofrece vistas inéditas de la ciudad.


Capilla de Nuestra Señora de la Angustia

El conjunto del Campo de la Angustia (capilla, fuente, atrio y crucero) es un lugar con mucho encanto. La capilla es un edificio elegante que sustituyó a otra medieval que sirvió para santificar el terreno en el que se enterraban los condenados a muerte u otros desgraciados que no podían descansar en tierra sagrada. Aquí tiene su sede la Cofradía de Nuestra Señora de la Quinta Angustia, la más antigua de la Semana Santa compostelana y profundamente arraigada en este barrio.


Santo Domingos de Bonaval

Fundado en 1220, aparentemente por el mismo Santo Domingo de Guzmán tras peregrinar dos veces a Compostela en los siglos XII-XIII. El edificio actual es del XVII, con actuaciones barrocas de Domingo de Andrade, autor de la impresionante escalera helicoidal del interior del edificio.

Del convento original quedan la iglesia gótica, del siglo XIV; parte del claustro; y la antigua entrada, hoy conocida como el Pórtico de Bonaval, testimonio mudo del milagro del Hombre Santo de Bonaval. Esta puerta da acceso al pequeño y romántico cementerio de la Cofradía del Rosario, visible desde el parque.

Da reforma posterior destaca la fachada principal de Andrade, con dos grandes pilares adornados por frutas, la imagen de San Domingos y el escudo de la Casa de Altamira, protectora del monasterio.

El convento pasó a manos municipales en el siglo XIX, convirtiéndose en hospicio. Desde 1977 es sede del Museo do Pobo Galego. Alberga (en el interior de la iglesia) el Panteón de Galegos Ilustres, donde descansan los restos de figuras destacadas de la cultura y la política gallegas como Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas o Ramón Cabanillas. Junto a ellos, unas interesantes sepulturas medievales que se encuentran entre las más destacadas de Galicia.


Iglesia de San Pedro de Fóra

Denominada así porque en tiempos se situaba fuera de las murallas de la ciudad, es una edificación neoclásica del siglo XIX que dio forma de capilla a lo que en otro tiempo fue la cabecera de la iglesia de la abadía. Este monasterio, que dio nombre a la calle y al barrio, contaba con instalaciones para acoger peregrinos. En la plaza aún se reconocen sobre el pavimento los pilares de la nave de la iglesia original.


Centro Galego de Arte Contemporánea

El arquitecto portugués Álvaro Siza proyectó hacia 1988 este edificio, que alberga exposiciones de arte avanzada y una colección de obras de origen gallego. Se edificó en terrenos del Convento de Santo Domingo, utilizándose la piedra para emparentar el edificio con sus vecinos, como el propio monasterio de Bonaval, pero con un estilo contemporáneo, moderno y sencillo. Desde su terraza se puede ver una panorámica poco conocida de la ciudad.


Curtidorías de Belvís

La quebrada de Belvís, atravesada por un pequeño riachuelo, es un espacio de vocación agraria e industrial histórica. En la parte más próxima a la Puerta del Camino, a partir de la Fuente del Matadero (antes llamada de As Tripeiras), las riberas del río acogían instalaciones de curtido y tratamiento de cuero. Eran pilones –seguramente de piedra- en los que se preparaban las pieles para los artesanos de otras ramas (zapateros, alabarderos etc.), o para su exportación tanto a otros lugares de Galicia como al extranjero.

Estos pilones y cubas estaban en la misma entrada de la ciudad y, junto con los desperdicios del matadero próximo, ofrecían a la vecindad y a los visitantes una visión poco recomendable, malos olores y contaminación de las aguas que regarían las huertas de más abajo.

Tras diversos intentos, a partir del siglo XVI fue cuando comenzaron a trasladarse a otras zonas y poco a poco fueron desapareciendo. El paisaje de las huertas que dominaba la mitad oriental de la quebrada se extendió al conjunto de la zona.

En el siglo XVIII los modos de producción de estos negocios comenzaron a cambiar, así como las características de las instalaciones. En Compostela la primera iniciativa moderna abrió también en la quebrada de Belvís, cerca de la actual Calle de As Trompas; allí todavía se conserva el edificio, rehabilitado para uso cultural.

Más reciente y de mayor tamaño es la Curtiduría de San Nicolás, también llamada de Huidobro por el nombre de su propietario. Es un complejo que conserva las distintas estancias de tratamiento de los cueros y que hoy acoge el Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.

 

Pazo de Belvís

This house once belonged to Varela Sarmiento lineage and before them to Duran Figueroa family. It is a remarkable example of the semi urban palaces omnipresent in the outskirts of the town in the old times. It was the home, in 1730, to the Venerable Maria Antonia de Xesús (The Nun of Penedo), mystic writer. Every day, she would attend mass with the rest of the sisters at the hermitage and they exercised the religious life that living in the town was making difficult until they manage to found the convent of the Carmelitas Descalzas (Carmelite without shoes) in Carme de Arriba.


Capela de Santo Antonio

It was built with Mr Melchor Sarmiento e Soutomaior’s legacy, precentor of Santiago, for a mass to be held every Saturday and Sunday. In those times, it was a plain style building with chalked dry-stone side walls and an under covered long stone façade.

Originally, it occupied the corner between the streets of Belvís and Campo de San Antonio, a few metres from its current location, where it was moved in 1939, preserving almost the totality of its old structure; only the portico of the entrance was destroyed. The first simple shape was altered when using concrete to shape the Compostelan baroque typical forms. In the exterior part, the shield, with the thirteen roundels of Sarmiento, remembers its founder. The antiques of Saint Athony, the Lady of O and the archangel Gabriel are kept in the interior.

The chapel hosted also a confraternity honouring the saint and the Lady of O and at this location was also used for celebrating a crowded festival, in the name of Saint Anthony of Belvís, since he had a fame of being miraculous and was subject of great devotion.


Convento de Santa María de Belvís

Located in a natural vantage point over viewing the Old Town, the enclosed convent in the upper part of Parque de Belvís (Belvís Park) was founded in the year 1303 and inhabited for the first time in 1314, even though the restructuring occurred between the 17th and 18th centuries left considerable baroque traces.

The church stands out among the ensemble of buildings, entrusted to Fernando de Casas y Novoa (responsible also for the façade of the Cathedral of Santiago) by the bishop Antonio de Monroy, formerly residing in Mexico. Also worth mentioning about the chapel, may be the Virxe do Portal (Virgin of the Portal), a small size artwork of the 13th century with a legend of its own. It is said that in the 17th century, an intense light was coming from the lodge of the convent, which alarmed the neighbours and brought them together around the building. The nuns decided to take the little statue inside. The very next morning, however, the statue was again at the lodge. The sisters insisted on moving it back again in different occasions, but the Virgin was appearing at the same place in a few hours’ time. They decided then to turn the lodge into a chapel, where a popular festivity was celebrated over several centuries (it was called “ramo cativo”, meaning small palm) aimed at putting an end to the curse.


Seminario Menor

Despite its antique look, it is in fact a building of the 1950s. It is a significant example of the regionalist architecture, using granite and specific forms to highlight and modernize the traditional architecture of the nation.
Today is host to pilgrims coming to Santiago. It was inaugurated by Franco in 1958 and the site, at the top of Belvís park, can be spotted from many parts of the town.


Trisca Community Center

The architect and theorist John Hejduk idealized and brought to life this building in 2001. He took advantage of the available space, a triangular open field in front of Trisca park, to concede a ship prow shape to the structure. It is worth visiting “The Spanish wedding”, a relief printing evoking movement and happiness in the lower floor. It has a terrace with uncommon views of the city.


Capela da Nosa Señora da Angustia

The ensemble of Campo da Angustia or Field of Sorrows (chapel, fountain, churchyard and calvary) is an enchanting site. The chapel is an elegant building replacing the former medieval chapel, constructed to sanctify the land where those sentenced to death were buried and also people who did not have the privilege to rest in sacred land. Here is also based the Confraternity of Our Lady of Fifth Sorrow, the oldest of the Holy Week of Compostela, deeply rooted to this neighbourhood.


San Domingos de Bonaval

The convent was founded as early as in 1220, supposedly by San Domingos de Guzman after coming twice on pilgrimage to Compostela back in the 12th-13th centuries. The current building dates back to the 17th century, with baroque features by Domingo de Andrade, who designed the impressive spiral stairs indoors.

From the former convent remains the gothic church (14th century), part of the cloisters and the old entrance, today known as Portico of Bonaval, mute witness to the miracle of the Saint Man of Bonaval. This door provides access to the small and romantic cemetery of the confraternity of Rosario (visible from the Park).

From the subsequent reform stands out the main façade of Andrade, with two big pilasters decorated with fruits, the image of San Domingos and the shield of the House of Altamira, protector of the monastery.
The convent was taken then by the local government in the 19th century, being turned into a hospice. In 1977 the venue was chosen for the Museum of the Galician People to be built. Inside the church we can visit the Mausoleum of Illustrious Galicians, were they rest important names of Galician culture and politics as Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas or Ramón Cabanillas. Among them, we can also find an interesting collection of medieval graves, possibly the most renowned in the whole nation.


Igrexa de San Pedro de Fóra

In the old times it was outside the city walls and that is how it got its name. It is a neoclassical construction from the 19th century, when it was reshaped as a chapel from the former top of the abbatial church. This monastery, which gave name to the street and to the quarter, had facilities to host pilgrims. On the surface, the pilasters of the former church can still be seen from the square.


Galician Contemporary Arts Centre

The Portuguese architect Álvaro Siza designed in 1988 the building that now hosts exhibitions of advanced arts and a collection of Galician origin artworks. It was built up in a piece of land belonging to the Convent of San Domingos, using the type of rock that links it to the monastery of Bonaval, although the first was conceived in a modern and minimalist contemporary style. If you go up the terrace, you will enjoy a different view of the town.


Curtidorías de Belvís

The slope of Belvís, with a stream flowing through it, was over times a space of agriculture and industrial vocation. In the closest part to Porta do Camiño, from the Matadoiro Fountain (formerly Tripeiras) the riverbanks were home to facilities for tanning and treating leather. Those were sinks made of stone where leathers were prepared for other artisans of other guilds (shoemakers, saddlemakers…) or for their regional and international exportation.

These big sinks and barrels were at the entrance of the town, and added to the waste of the slaughterhouse, they not only offered to the neighbourhood and the visitors quite an unappealing view and stenches but also it polluted the waters that irrigated the lower gardens.

After some attempts of transferring it, it was from the 16th onwards that they started to be moved to other areas until they gradually disappeared. The landscape of the gardens that once only covered half of the slope then could be seen all over the area.

In the 18th century the production methods of these businesses began to change and with them their facilities features. In Compostela, the first modern business venture was opened in the slope of Belvís, near the current Rúa das Trompas (Horns), where the building still remains, today refurbished for cultural use.

Barrio de San Pedro

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR