Nadal en San Pedro

Comentarios desactivados en Nadal en San Pedro 59

15317747_1050979435029911_3495926680492406205_nEstamos xa case nos días de Nadal. Son xornadas de vacacións, encontros con familias e amizades. E tamén de compras. Lembra que nestas datas máis que nunca, é importante a calidade e o bo servizo e é nisto onde o comercio de proximidade ten o seu forte.

Para animarnos e para agradecer a fidelidade e preferencia da súa clientela durante todo o ano, moitos dos nosos comercios decidiron organizarse e premiarnos con cestas ateigadas cos seus produtos. Son tres enormes lotes con propostas e mercadorías moi variadas, pois así é o noso comercio. Hai de todo e para todos os gustos!

Cada vez que compres nun dos establecementos adheridos recibirás unha participación para o sorteo.

O sorteo terá lugar o día 3 de xaneiro nun pequeno acto que será as 16.30h na Praza 8 de marzo.

Xa sabes, cantas máis teñas, máis doado será que te toque!

Barrio de San Pedro