Novo Mercado en San Pedro o sábado 20 con quince postos e obradoiro de títeres para os máis pequenos

Comentarios desactivados en Novo Mercado en San Pedro o sábado 20 con quince postos e obradoiro de títeres para os máis pequenos 63

IMG_0931O Barrio de San Pedro volve contar este sábado cun Mercado de produtos variados, complementado con actividades para os máis pequenos e convites a café por unha compra mínima. A praza 8 de Marzo acollerá quince postos de venda entre as 11 e as 15 horas, nunha iniciativa organizada polo Concello de Santiago e cofinanciada con fondos europeos FEDER no marco do programa Urbana Santiago Norte.

Este é o segundo dos catro Mercados que acollerá o Barrio durante o mes de decembro, especialmente propicio para as compras pola campaña do Nadal. Haberá variacións nos postos que concorreron á cita do sábado pasado, e nesta ocasión poderanse adquirir regalos, roupa e calzado, flores,complementos de moda, creacións artísticas e de artesanía, produtos de alimentación, papelaría ou libros.

Por unha compra mínima, os clientes recibirán os clientes recibirán un vale para poder tomar un café de balde en 16 bares próximos, que se suman deste xeito á celebración do Mercado.

Ademais, os nenos e nenas poderán participar nun obradoiro no que aprenderán a crear monicreques, idear unha obra para eles e manexalos para representala.

Barrio de San Pedro

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR