O 12 de decembro, o comercio abre para tí

Comentarios desactivados en O 12 de decembro, o comercio abre para tí 245

venda especial do 12 de decembro

Os días de Nadal son xornadas de lecer en familia, encontros coas amizades, paseos… tamén de comprar o que precisamos para nós e aqueles agasallos para as persoas que aprezamos.

Todas estas cousas poden facerse en clave de barrio; si tamén comprar porque os nosos establecementos comerciais son barrio e acudindo a eles contribuímos a fortalecer á nosa pequena comunidade.

Para axudarvos nas vosas compras pero tamén para agradecer a vosa fidelidade durante o ano, a Asociación de Comerciantes do Barrio de San Pedro organiza unha xornada especial de convivencia e de venda.

Será o próximo sábado día 12, do mediodía en adiante e terá lugar principalmente no corredor comercial San Pedro-Concheiros.

Así, con esta unha xornada especial daremos inicio ao tempo de Nadal e faremolo como acostumamos aquí: pecharase a rúa de San Pedro, haberá animación, ofertas especiais, traballos de urban knitting e algunha que outra sorpresa.

Unha grande oportunidade para xunt@s facer barrio, apoiando ao noso comercio e pasando un bo día na compaña de familia e amizades. Agardamosvos!

 

 

 

Barrio de San Pedro