O 17-S: o Zoco de San Pedro

Comentarios desactivados en O 17-S: o Zoco de San Pedro 198

cartel.zoco.indd Gustas de regatear? Encantache buscar e rebuscar até atopar esa prenda ou obxecto a prezo imbatible que leva o teu nome? Saberás facelo dun xeito diferente? Con outras normas?

Este é o desafío que propón o Zoco e os comercios que nel participan: descubrir novos xeitos de regatear e negociar o prezo para, por suposto, levar para casa algunha das mercadorías que ofrecen os comercios do barrio que participan nesta singular e divertida proposta.

Entre trato e trato, haberá sesión vermú, actuacións e algunha que outra sorpresa.

Será o Domingo 17 na Praza 8 de marzo de 11 a 20h, asi que non o perdas! e vai pensando estratexias para negociar e comprar! Quen dixo medo?

Barrio de San Pedro

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR