O Barrio en Festas

Comentarios desactivados en O Barrio en Festas 25

cartaz2016-1170x832 Un ano máis están aquí as festas do barrio que durarán ata o domingo. Son xornadas especiais, de convivencia, divertimento e alegría. Son días para recoñecer eses rincóns do noso barrio que non transitamos a cotío.

O programa é, coma sempre, amplo e ben diverso. Para todos e todas, pois sempre haberá algo que nos acomode.

Haberá tamén un tempo para disfrutar dos nosos negocios, que nestes días presentarán a súa mellor aparencia. O corredor San Pedro- Concheiros estará o sábado libre de tráfico rodado, cos negocios na rúa e con actividades para pasalo ben. Haberá tamén nesa xornada actividades noutros puntos do barrio, como a Pza da Angustia ou a Trisca, con programación específica ao longo de todo o día.

Descubre o moito que o barrio de San Pedro ten que ofrecer, tamén nestes días tan especiais!

E lembrade que a partir deste venres, haberá unha nova mobilidade no barrio, máis tranquila e pacífica; con rúas de tráfico restrinxido aos coches. Na web do Concello tendes toda a información.

 

Barrio de San Pedro