Obradoiro para emprendedores do programa Urbana Norte

Comentarios desactivados en Obradoiro para emprendedores do programa Urbana Norte 46

Taller prototipado empresasUrbana Norte organiza, dentro do seu programa Mellorar e medrar en Santiago Norte, un obradoiro de prototipado de novas empresas para aqueles emprendedores que desexen iniciar unha iniciativa empresarial na zona norte do concello. Poden participar as persoas interesadas en abrir un novo negocio nos barrios de San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios, e tamén Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila e A Almaciga.

Trátase dun laboratorio de 12 días no que se falará de experiencias, de éxitos e de fracasos na creación de empresas. Para asistir a este seminario é preciso cumplimentar a inscrición ao mesmo a través do formulario da web www.cersiaempresa.org disponible neste link.

Hai 12 prazas dispoñibles e o obradoiro impartirase no Centro Sociocultural de Vite, en horario de 10:00h a 14:00h. Estas actividades enmárcanse nunha iniciativa máis ampla, o programa Urbana Santiago Norte , e que está cofinanciado pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Barrio de San Pedro

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR