Primeiro Mercado de San Pedro este sábado 13 na praza 8 de Marzo

Comentarios desactivados en Primeiro Mercado de San Pedro este sábado 13 na praza 8 de Marzo 226

Praza 8 MarzoOs Mercados de San Pedro botarán a andar este sábado coa celebración da primeira das catro citas que se celebrarán no mes de decembro. A iniciativa reunirá quince postos de comerciantes da zona e obradoiros para nenos e nenas, desde as 11 da mañá e ata as tres da tarde na praza 8 de Marzo.

Os Mercados de San Pedro organízaos o Concello de Santiago no marco do programa Urbana Santiago Norte e cofináncianse con fondos europeos FEDER. Os empresarios participan de xeito totalmente gratuíto; haberá postos de regalos, roupa, arte e artesanía, froitas, calzado, pastelería, óptica ou material escolar, nunha ampla mostra do que pode ofrecer o comercio do Barrio e nunhas datas especialmente indicadas para este tipo de compras.

Os locais de hostalería da zona participan tamén a través da iniciativa “Nós convidamos ao café”. A partir dunha compra mínima, os postos regalarán aos clientes vales para consumir nos bares do Barrio adscritos á campaña.

Para complementar a actividade, os Mercados de San Pedro contarán cun programa de actividades infantís. Este sábado haberá un obradoiro para crear malabares e aprender a usalos e outro de globoflexia e maquillaxe.

Barrio de San Pedro