Ven a ver a eclipse solar ao CSC da Trisca

Comentarios desactivados en Ven a ver a eclipse solar ao CSC da Trisca 174

Eclipse solar na TriscaEste venres, 20 de marzo, haberá unha eclipse parcial de sol. Terá lugar entre as 9 e as 11 da mañá, acadando o seu máximo contra as 10h e poderemos ver o sol escurecido ata un 75%.

É un fenómeno cando menos curioso, que ten lugar de cando en vez e que debe observarse seguindo algunhas precaucións.

No barrio, grazas á o Clube de Astronomía Vega poderemos seguilo con seguridade, con expertas explicacións e na boa compañía doutros veciños e veciñas. E nun escenario singular, a terraza do Centro Sociocultural da Trisca.

Lembrade: A cita é o venres de 9 a 11h, no CSC da Trisca

Barrio de San Pedro