A Primavera chega a San Pedro este sábado

Comentarios desactivados en A Primavera chega a San Pedro este sábado 53

programafeira

Un ano máis, puntual á súa cita, chega a Feira da Primavera. É unha xornada especial que nos fai xurdir do letargo e a invernía, un día para pasear, comprar e gozar xuntos da compañía da veciñanza, amizades e visitantes.

O barrio e os nosos negocios, máis que nunca, engalanaremonos -tanto como o tempo o permita- para tan especial xornada porque é agora -e nas festas- cando mellor nos proxectamos como barrio para vivir, traballar e comprar.

O programa é intenso, máis de 12 horas de actos para todos e todas. Haberá música, actividades organizadas por entidades do barrio, pasarrúas, sesión vermú coa querida xente de Xerock, divertimento para @s miúd@s, obradoiro de baile tradicional, serán familiar e pecharemos (especial deste ano) con concertos acústicos.

Grazas ao voluntariado, á veciñanza, aos establecementos colaboradores e ás entidades organizadoras, a AC Barrio San Pedro e a AV A Xuntanza.

Todos e todas, veciñanza e visitantes, estades convidad@s a compartir esta xornada tan especial!

Tagged with: ,

Similar articles

Barrio de San Pedro

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR