Aberto o prazo para anotarse á Feira da Primavera
174
O 30 de abril celebraremos no Barrio a Feira da Primavera. Será, como sabedes, unha xornada de feira, festa e convivencia veciñal.
A Comisión organizadora ven de abrir o prazo para solicitar un posto nesa feira; as persoas interesadas deberán facer a súa petición nesta páxina antes do día 8 de marzo.
Pódense solicitar 3 tipos de postos:
- Posto de comida para consumo inmediato.
- Posto de artesanía (inclúese comida en conserva).
- Posto de asociacións e organizacións sen ánimo de lucro.
Dada a complexa organización de este evento e tendo en conta que todo vai baseado no traballo voluntario dunha pequena comisión, solicitade o voso prazo en tempo e forma.
Síguenos