Venres 13, Magosto terrorífico no barrio

Comentarios desactivados en Venres 13, Magosto terrorífico no barrio 797

magosto terrorifico en san pedro

Esta semana temos un venres 13 e como estamos no mes dos Magostos, os Comerciantes do Barrio queren celebralo por todo o alto cunha festiña terrorífica.

A partir das 18h, pecharase a Rúa de San Pedro para poder pasear cun pouco de calma e diversos bares do corredor comercial San Pedro-Concheiros armarán na rúa trebellos para asar castañas e convidar á veciñanza e haberá música e troula ata a medianoite. É un novo concepto: o magosto difuso e esparexido polas dúas rúas.

O elemento temático é cousa d@s convidad@s, asi que vinde preparad@s e ataviad@s para a ocasión coas vosas mellores galas terroríficas. Axudaranvos diversas perruquerías e Centros de Estética que colaborarán co evento decorando os rostros de cativ@s e maiores; estarán sinalizadas, asi que buscadeas.

Quen dixo medo?

 

 

 

Tagged with: ,

Similar articles

Barrio de San Pedro