O Concello convoca a licitación dos mercados do barrio

Comentarios desactivados en O Concello convoca a licitación dos mercados do barrio 80

Praza 8 de marzoO Concello de Santiago convocou a licitación dun contrato para organizar, nas últimas semanas do ano, un mercado semanal no barrio de San Pedro. Os eventos levaranse a cabo na praza 8 de marzo e contarán con un máximo de 22 stands e obradoiros para nenos e nenas.

O procedemento, que aínda está aberto, licitará un contrado por algo máis de 20.000 euros. A empresa que resulte escollida deberá encargarse da organización de catro mercados durante o último mes do ano, contactando cos expositores e dotándoos de stands para que poidan ofrecer os seus produtos. A imaxe do mercado axustarase á da marca realizada para o barrio.

Tagged with:

Similar articles

Barrio de San Pedro

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR