Este sábado é a Feira da Primavera, ven a visitar o noso comercio
345
Este sábado 30 de abril, as nosas rúas comerciais vestiranse coas súas mellores galas, pecharanse ao tráfico e armaranse mil e un postos de artesanía. É a Feira da Primavera esa xornada especial na que todos e todas damos a benvida ao sol, aos días longos e as temperaturas cálidas.
No corredor comercial San Pedro-Concheiros, os comercios e establecementos de hostelaría sacarán o negocio á rúa e poderemos gozar dun completo programa con propostas para todos e todas.
Poderás elixir nunha amplísima oferta o presente máis acaído para a túa nai, ese complemento que tanto precisas ou, simplemente agasallarte con algo bonito, que sempre está ben darse unha alegría.
Todo desde as 11 da mañá ata a medianoite no Barrio de San Pedro. Agardamoste!
Síguenos