Sábado 30 de maio, VI Mercado do Caracol

Comentarios desactivados en Sábado 30 de maio, VI Mercado do Caracol 200

Mercado do Caracol na Rúa Home SantoNo Mercado do Caracol, veciños e veciñas achéganse coa súas casiñas ás costas á rúa do Home Santo para vender, regalar ou trocar o que lles sobra e atopar o que precisan.

Ao tempo, os negocios da Rúa do Home Santo teñen unha xornada especial de venda, porque queremos que descubrades esa rúa e o moito que ten que ofrecer.

Organizado pola AV A Xuntanza, Comerciantes da Rúa do Home Santo e a AC do Barrio de San Pedro, o Mercado ten lugar entre as 11 e as 14h e é unha oportunidade sensacional para facer algo de limpeza de trebellos ou atopar boas gangas e, como non, para pasar un bo rato en compañía de boa xente.

Agardamoste!

 

 

 

 

Tagged with: ,

Similar articles

Barrio de San Pedro